Vihuela de arco
Vihuela de arco
A partir de iconografía: Anxo músico
Museo da Seo, Xátiva
Francisco Luengo. Músico & luthier
Construído a partir do instrumento representado no retablo da Virxe do Leite, de Valentí Montoliú (activo entre 1433 e 1469) conservado no Museo da Seo de Xátiva, Valencia.
Tal vez sexa a máis antiga representacion dunha vihuela de arco, nome castelan da viola da gamba.
O estudo das proporcións do orixinal permite reconstruir a forma da caixa, e inferir a da man que está parcialmente oculta. A decoración do diapasón segue a da orixinal.
Por comparación co anxo que a toca adiviñase un tamaño correspondente a un instrumento tenor cun tiro de 510 mm.
Ten cinco cordas e o brazo alberga cinco trastes (catro no orixinal).
Materiais utilizados: Abeto e pradairo para a caixa. Diapasón de ébano, pradairo, teixo e oso. Cordal de madeira recuberta de prata. Rosetóns de madeira e pan de ouro.