Fotos: Tony Esparís
Saltarello
Intérprete: F. Luengohttp://www.youtube.com/watch?v=CX8yKuStuNc&feature=youtu.be

Segundo as ménsulas do Pazo de Xelmírez (s. XIII)

Santiago de Compostela

Vyolón

Francisco Luengo. Músico & luthier

Para saber máis pódense consultar as seguintes publicacións:

"El Pórtico de la Gloria, Música, Arte y Pensamiento", 1988 editado por Cuadernos de Música en Compostela,

"Los Instrumentos del Pórtico de la Gloria", 1993 editado por Fundación Barrié de la Maza,

“Instruments à cordes du Moyen Age”, 1999 CERIMM, Fondation Royaumont, editado por Créaphis,

Instrumentos de Corda Medievais”, Lugo 2000 editado por Deputación Provincial de Lugo.

Instrumento de arco, de catro cordas.


A escultura orixinal non conserva o mastro, que está roto. O que se adoptou é hipotético, a partir das proporcións do resto do instrumento.


É un instrumento grande que se sostén sobre os xeonllos. Posúe unha “agulla” na parte inferior para axudar  a suxeitalo.


É un dos mellores exemplos da experimentación que comezou na segunda metade do século XIII, na que os construtores voltaron aos instrumentos totalmente monóxilos, á procura de novas formas e novas posibilidades acústicas.