Vyola

Segundo o instrumento do anciano nº 6 do Pórtico da Gloria

da Catedral de Santiago de Compostela (S. XII)

Fotos: Tony Esparís

Instrumento do anciano nº 6

Instrumento do anciano nº 24

Instrumento do anciano nº 22

Francisco Luengo. Músico & luthier

Nas miniaturas da cantiga VIII de Santa María do codice “rico”, T.I.1 do Mosteiro de El Escorial, aparece representado este instrumento, ao que se nomea “vyola” no texto da cantiga.


Ten cinco cordas arranxadas en “ordes”. Afinación suxerida: 1ª-2ª: la’ (unisono) 3ª re’, 4ª sol-la, 5ª Re


Trátase do instrumento de corda frotada máis importante da Idade Media. A súa presencia nas representacións de instrumentos musicais é constante dun extremo ao outro da Europa medieval, e abrangue varios séculos. É probablemente o instrumento antecesor da “lira da braccio”, instrumentos estes que probablemente pretendían na súa orixe facer unha recreación renacentista da “antigüidade”, e que buscaron inspiración nas vyolas que seguramente aínda persistían, xa afastadas dos pazos, nas vilas e aldeas.

Para saber máis pódense consultar as seguintes publicacións:

"El Pórtico de la Gloria, Música, Arte y Pensamiento", 1988 editado por Cuadernos de Música en Compostela,

"Los Instrumentos del Pórtico de la Gloria", 1993 editado por Fundación Barrié de la Maza,

“Instruments à cordes du Moyen Age”, 1999 CERIMM, Fondation Royaumont, editado por Créaphis,

Instrumentos de Corda Medievais”, Lugo 2000 editado por Deputación Provincial de Lugo.