Violetta de Santa Caterina de Vigri
Violetta de Santa Caterina de Vigri
Igrexa do Corpus Domini. Bolonia
Francisco Luengo. Músico & luthier
Instrumento baseado no orixinal que se conserva na tumba de Santa Catalina de Vigrí, (1413-1463) en Bolonia.
É un instrumento monóxilo de mediados do século XV, supostamente propiedade de Santa Catalina, monxa clarisa de gran cultura e complexa personalidade: mística, pintora, escritora e músico. A Santa pedíu “que lle achegaran unha violetta durante unha seria enfermidade, para a tocar e acompañar o rezo con ela”.*
Tras o seu pasamento a viola ficou na súa tumba, e actualmente móstrase xunto co corpo incorrupto da santa.
Madeiras: abeto e pradairo. Chaves en buxo.
* Para saber máis: Marco Tiella “The Violetta of S. Caterina de’ Vigri”, The Galpin Society Journal. Vol. XXVIII, 1975.