Francisco Luengo. Músico & luthier

Le Nymphe di Rheno

     Jean Schenck foi un dos principais compositores do barroco para

viola da gamba.

     De ascendencia xermana e contemporáneo dos hoxe máis populares

Marin Marais ou Antoine Forqueray, naceu en Amsterdam en 1660. A súa formación como músico e a súa vida profesional estiveron ligadas á súa cidade de orixe, onde publicara as súas primeiras composicións. Xa na madureza se incorporou como virtuoso violagambista e compositor na orquestra da refinada corte do Elector Palatino Johann Vilhem, estabelecida daquela en Dusseldorf.

     A corte do Elector era naquela época frecuente destino de exce-

lentes artistas: pintores, orfebres, músicos e compositores procedentes de distintos países, como Johann Sigismund Weiss, reputado laudista (igual que o seu máis coñecido irmán maior Silvius Leopold Weiss), que entrara a formar parte da capela musical en 1708, ou personaxes coma Stefani, que ocupara altos cargos na mesma época que Schenck, ou mesmo o propio Haendel pasou por alí en 1710 e 1711.

    A estreita relación do Elector coa sede Pontificia puidera ter

influído na predilección da corte pola música italiana, tanto no eido

Francisco Luengo  &  Xurxo Varela

violas da gamba

    Trátase dunha colección de doce sonatas para dúas violas da gamba soas.

    Publicada en Amsterdam, esta colección amosa xa desde o título e a dedicatoria, ambos en italiano, a súa intención de estar "á moda". Porén, tanto a estrutura das obras, como o propio estilo, demostran un grande eclecticismo e un profundo coñecemento dos diferentes estilos italiano, francés e alemán.

    A escrita destes dúos está concebida a miúdo como un complicado tapiz, no que unha frase musical -e o continuo correspondente- poden estar repartidos entre os dous instrumentos, de tal xeito que o que soa en cada un, por separado, non ten sentido completo.

    Entre as doce sonatas encontramos "sonatas da camera", suites de danzas -ou unha mestura entre sonata e suite-, e incluso algo próximo á sonata “da chiesa”. Os movementos con indicación de tempo, as danzas (allemanda, corrente, sarabanda, giga e "ciacona") e as arias (aria polonese, aria amoroso e dúas arias

Descarga gratuitahttps://drive.google.com/drive/folders/19Fft9WX0eIBZHrfd_jrUU1XE27l0vmDY?usp=drive_linkhttps://drive.google.com/drive/folders/19Fft9WX0eIBZHrfd_jrUU1XE27l0vmDY?usp=drive_linkshapeimage_2_link_0

instrumental como na ópera. O director da orquestra, G. A. Kraft, fora enviado a Roma para estudar con Corelli (o mesmo Corelli dedicáralle o seu Opus 6 ao príncipe elector, casi coas mesmas palabras que usara Schenck na portada dos seus dúos: "Altezza Serenissima Elettorale di Giovanni Guglielmo Principe Palatino del Reno…”). Mais tampouco era ignorada a música francesa nos ballets e overturas.

Neste ambiente desenvolveu Jean Schenck a súa vida desde 1696, e nel compuxo o seu Opus 8 "Le Nimphe di Rheno".

allegro), están nomeados en italiano no orixinal, a excepción dos rondeau, bourée e menuet, que excepcionalmente están en francés.   Case coma unha norma se pode afirmar que os allegros, adagios e prestos son craramente italianos, a veces incluso "corellianos", mentres que as danzas apresentan todas elas un definido estilo francés. De aí que co título "Le Nymphe di Rheno" Schenck busque explicar a síntese dos estilos nacionais, que estas nórdicas ninfas de maneira tan temperá lle inspiraran.

Johannes Schenck (1660 - ± 1712)

Instrumentos:

Xurxo Varela toca unha viola da gamba de sete cordas construida por Robert Eyland en 1989.

Francisco Luengo toca unha viola da gamba de sete cordas construída por Marcelo Ardizone, del ano 1993, segundo un modelo de Edward Lewis.

Descarga gratuitahttps://drive.google.com/drive/folders/19Fft9WX0eIBZHrfd_jrUU1XE27l0vmDY?usp=drive_linkhttps://drive.google.com/drive/folders/19Fft9WX0eIBZHrfd_jrUU1XE27l0vmDY?usp=drive_linkshapeimage_3_link_0
Descarga gratuitahttps://drive.google.com/drive/folders/19Fft9WX0eIBZHrfd_jrUU1XE27l0vmDY?usp=drive_linkhttps://drive.google.com/drive/folders/19Fft9WX0eIBZHrfd_jrUU1XE27l0vmDY?usp=drive_linkshapeimage_4_link_0